“Isto é un espolio e Erimsa ten tres proxectos máis” | Mesia Unida

“Isto é un espolio e Erimsa ten tres proxectos máis”

Falamos con Patricia Miranda, unha das voceiras da Asociación Mesía Unida, sobre o proxecto de mina de seixo en Mesía-Xanceda, preto de Ordes, e o papel do alcalde, Mariano Iglesias (PP)

Por Manuel Vilas | Mesía | 05/04/2017 | Actualizada ás 14:00

Cantas persoas, familias ou granxas estiman vostedes que están afectadas polo proxecto mineiro?

Actividades mineiras de Erimsa

Actividades mineiras de Erimsa | Fonte: Erimsa A

Esta explotación mineira, aínda que só afecte a parte do Concello, en realidade afecta ao conxunto  de Mesía porque aquí tamén hai empresas de servizos agrarios, electricistas, fontaneiros,  o bar da zona, obreiros  que fan  cortes … É dicir,  o   85%  da poboación de Mesía e  Frades viven directa ou indirectamente da gandería e da agricultura.

Dende Mesía Unida acusan  á empresa promotora de utilizar “artimañas”. A que se refiren en concreto?

Artimañas é contar o que non é. Din que a terra produce igual e  iso é mentira, non falan do impacto ambiental, cambios de fontes, etc.  Isto xa sucedeu na nosa zona.

Vostedes tamén indican que o alcalde de Mesía está do lado da mineira ao ocultar información. Que feitos lle fan pensar isto?

Plano da mina que Emrisa quere explotar en Xanceda (Mesía) segundo figura no Estudio de Impacto Ambiental

Plano da mina que Emrisa quere explotar en Xanceda (Mesía) segundo figura no Estudio de Impacto Ambiental | Fonte: Mesía Unida

O alcalde non deu información, dicímolo ben claro.  Non comunicou os afectados este proxecto, sabendo que afectaba directamente a moitos e indirectamente a máis. O Concello informou  o día 10 de Marzo  delegación provincial de  que non había alegacións. Isto deixa claro a súa  postura, xa que  nin sequera avisou Aos propietarios. Non houbo alegacións porque ninguén  se decatou, nin sequera parte dos concelleiros do seu grupo, segundo eles, e  os da oposición tampouco.  Parécenos unha traizón.

Como lle explicaría a un veciño que non traballa as súas leiras agora que a mina non é unha boa idea, se coa expropiación ou coa súa cesión á Erimsa ao fin e ao cabo pode sacar uns cartos, non moitos, pero mellor ca nada …

Algunha xente non é consciente do dano que se causa na zona, de  que se moven centos de hectáreas e as terras quedan de por vida distintas. Nunca volven a producir coma antes e así poden arruinar o futuro dos fillos, aínda que perciban un diñeiro, que por certo é bastante pouco en relación co valor do material  no mercado. Incluso podemos dicir que e un espolio.

Erimsa argumenta que devolverá os terreos unha vez finalizada a explotación da mina e que eses terreos seguirán sendo igual de produtivos. Confían nesta promesa? Que experiencia teñen os veciños doutras zonas nas que traballou a mineira?

Erimsa estivo traballando na parroquia de Lanzá, a uns escasos 5 quilómetros de Xanceda, preto de 20 anos, ou máis. Alí fixéronse barbaries de todo tipo, secaron as fontes, cambiaron o curso do río, as escavacións en moitas zonas pasan dos vinte metros de profundidade, desniveles das fincas enormes que os levou a ter que cerrar algunha finca logo de que denunciaran os propietarios , escorrentas das terras que afectaron as fincas ao seu carón, terras que aínda hoxe non producen practicamente nada, nin producirán porque no barro é moi difícil que se dea algo, como moito algo de herba… sen mencionar o famoso caso do cemiterio das vacas tolas que alí fixeron. En Lanzá houbo de todo, só fai falta achegarse alí para ver como quedou.

Saben se Erimsa ten proxectos semellantes pensados para outras zonas do país?

Este e un dos tres proxectos que ten preparados na zona Erimsa. Este afecta a 771 hectáreas, os outros son máis grandes, afectan miles de hectáreas, todo nunha zona das máis gandeiras de Galicia, é unha barbarie.

Cales son os plans de Mesía Unida para seguir a mobilizarse contra a extracción de seixo?

De momento esta asociación quere informar e crear conciencia do dano e do espóleo que isto supón para zona, e que os políticos tomen conciencia do tema. Se o alcalde se informara debidamente en defensa do interese xeral, tal como e a súa obrigación, isto non pasaba.

Asemblea do SLG en Xanceda sobre o proxecto de Erimsa

Asemblea do SLG en Xanceda sobre o proxecto de Erimsa

 

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/53571-isto-espolio-erimsa-ten-tres-proxectos

 

Artigos similares

Industria do Concello sin... Cando esiximos os contribuientes o que non se aplica o mesmo concello en si mesmo, mala señal. Calquer empresa ou persoa teria que pedir permiso con Lizenza
Queixas dos Servicios Soc... Chegaron queixas a esta asociación sobre os servicios sociais do concello, pero non das asistentas, só das xefas, concelleira e compañía.  Unha por prepotente e descarada, e
ERIMSA NON REPUXO A MINA Foto de terreo afectado por Erimsa e estado actual. Na resolución do día 02 de Febreiro do ano 2001, a Xunta esixe a Erimsa a reposición dos
Temos seixo azul, de moit... Temos seixo azul, de moito valor, sábeno ben os noruegueses e os chineses” Mesía Unida responde a oferta da Erimsa de renunciar ao dereito de expropiación. “Os
Participación no fondo s... 1. Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos: a) A
Sometemento a informació... Aquí vos deixamos a RESOLUCIÓN do 13 de febrero de 2017, da Xefatura Territorial de A Coruña, pola que se someten a información pública o proxecto de
Da Terra Chá a Ordes: un...   Da Terra Chá a Ordes: unha década de loita contra Erims Artigo de opinión de Margarida Prieto Ledo, coordinadora do Sindicato Labrego Galego (SLG) na Terra
GANDEIROS E VECIÑOS RECH... http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/gal-20170829inf/4188823/ Que facil é poder DECIDIR nas TERRAS dos GANDEIROS e VECIÑOS. Ter dereitos de Minas sobre mais de SEISMIL HECTAREAS, que son de todo Un Pobo.
O sector lácteo galego p... Os gandeiros galegos saíron á rúa a semana pasada para esixir medidas urxentes para paliar a crise de prezos do leite no primeiro ano sen cotas e
A problemática da mina d... Membros da plataforma Mina Touro-O Pino NON viaxaron ata Londres xunto con outras asociacións con própositos similares. O motivo da viaxe foi asistir á xunta de accionistas

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *