A Xunta abre mañá o prazo de solicitude para acceder ás axudas do Plan Renove de instalacións eléctricas | Mesia Unida

A Xunta abre mañá o prazo de solicitude para acceder ás axudas do Plan Renove de instalacións eléctricas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que a través destas axudas, que se convocan por primeira vez, está previsto mobilizar 3,2 millóns de euros na reforma de inmobles de máis de 25 anos

As comunidades de propietarios poderán optar a apoios de ata 3.000 euros por edificio para mellorar a seguridade e eficiencia enerxética

A convocatoria resolverase por orde de presentación entre os solicitantes que cumpran os requisitos, que poderán tramitar a súa petición entre mañá, 2 de maio e o 1 de setembro

A iniciativa enmárcase dentro do Plan de Vivenda 2017 para o que a Xunta destina 8,7 millóns, un 10% máis que o ano pasado

Esta convocatoria, que se activa por primeira vez, ten un orzamento de 800.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes para esta orde de axudas para particulares comezará mañá, 2 de maio, e rematará o 1 de setembro de 2017, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito, xa que a convocatoria será por concorrencia non competitiva, polo que as axudas se outorgarán por orde de presentación a todo solicitante que cumpra os requisitos.

A axuda poderá alcanzar os 150 euros por punto de subministración cun máximo de 3.000 euros por edificio ou o 25% do custo total da instalación. A axuda está dirixida a inmobles de uso residencial de máis de 25 anos e con dúas ou máis vivendas, incluída a reforma das instalacións de enlace (dende a caixa xeral de protección ata os cadros xerais das instalacións receptoras dos usuarios), a toma de terra, o cadro de servizos comúns e as instalacións correspondentes aos servizos xerais do edificio. Tamén inclúe a substitución de pulsadores e interruptores convencionais por detectores de presenza.

O Plan Renove de Instalacións Eléctricas enmárcase dentro do Plan de Vivenda 2017, que está a desenvolver a Consellería de Economía, Emprego e Industria para favorecer o aforro e a eficiencia enerxética nos fogares galegos. Deste xeito, as familias poden aforrar custos na factura enerxética, ademais de mellorar a súa calidade de vida, potenciar o uso de enerxías renovables autóctonas e diminuír as emisións de CO2. No caso concreto do Plan Renove de Instalacións Eléctricas Comúns permite incorporar medidas de aforro no sector doméstico, responsable de máis do 20% do consumo de enerxía eléctrica da comunidade.

O Plan de Vivenda cumpre a súa terceira edición e a previsión é que para este ano conte cun orzamento total de 8,7 millóns de euros, un 10% máis que en 2016. Consta de dous campos de actuación: o uso de fontes de enerxía renovables a través do impulso da xeotermia, a solar térmica e aerotermia e a biomasa; e a mellora das infraestruturas para que os galegos dispoñan de construcións máis eficientes. Ademais do Plan Renove de Instalacións Eléctricas Comúns, inclúense neste apartado a renovación de fiestras, o Plan Renove de Ascensores e outros programas que se convocarán ao longo deste ano como o acondicionamento de cubertas con tella ou lousa, e a rehabilitación de fachadas con granito.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/20682/xunta-abre-mana-prazo-solicitude-para-acceder-axudas-plan-renove-instalacions

 

 

Artigos similares

Axudas destinadas ao alum... PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 30/01/2016 – 01/08/2016 OBXECTO O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao
Abre o prazo para solicit... As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes. Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto
Queixas dos Servicios Soc... Chegaron queixas a esta asociación sobre os servicios sociais do concello, pero non das asistentas, só das xefas, concelleira e compañía.  Unha por prepotente e descarada, e
NOTA DE PRENSA: Resposta ... Ramón Barreiro, representando ao Sindicato Labrego dentro da Comisión de seguimento da Minería na zona de Mesía e en Defensa do Rural,  unha vez analizado o comunicado
O DOG publica as axudas p... O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de
Lídia Senra denuncia na ...   Lídia Senra denuncia na UE o proxecto mineiro de Erimsa que elimina postos de traballo na comarca de Ordes BY AGEE · 2 ABRIL, 2017 Rexistra
PRESIDENTE DE FILIPINAS C... Duterte advierte al sector minero de que “impondrá impuestos” hasta lograr “su muerte” Publicado: 25 jul 2017 09:03 GMT AddThisSharingButtons Share to Facebook110Share to TwitterShare to Google+Share
IMPACTO MINEIRO Galicia comenzará a cobrar un canon a las empresas mineras por su impacto ambiental Desarrolla, tras tres años, la orden que permitirá ingresar el tributo JOSE MANUEL
PRETENSIONS DE ERIMSA EN ... Os xornais comezan a facerse eco da nova que atemoriza o concello. A empresa noruega de explotación mineira ERIMSA pretende levar a cabo extraccións en terreos do
Retirada dos proxectos e... O alcalde de Ordes reuníuse cos técnicos da empresa Green Capital Power no día de onte. Nesta reunión os representantes da empresa promotora dos proxectos eólicos, dos

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *