Alcalde oculta información para favorecer mina, alertan veciños
Na zona de Mesía – Xanceda, preto de Ordes, hai poucos motores económicos máis aló da gandaría, sobre todo de leite. Actividade que pode sufrir un duro golpe de saír adiante unha mina de 781 hectáreas de Erimsa. Un proxecto de explotación que, visto os últimos acontecementos, parece que conta co beneplácito do alcalde local, pero que sofre a oposición dun grupo de veciños e gande.
Por Manuel Vilas | Ordes | 30/03/2017 | Actualizada ás 11:55
O colectivo reaccionou colgando na súa web os planos do proxecto para extraer cuarzo. Ademais, reclaman que o Concello expoña oficialmente a información da posíbel industria durante quince días, para que os veciños que queiran poidan presentar alegacións. Denuncian tamén que non puideron acceder a moita documentación vital para saber o que se lles ven encima: os informes de Augas de Galicia e o de Medioambiente, entre outros.
Emrisa leva anos traballando na comarca, “non sempre ben”, advirten dende Mesía Unida. Segundo informa Campo Galego, o portal que sigue polo miúdo a actualidade do sector agrogandeiro, o Sindicato Labrego Galego lembra que esta empresa era a que promoveu unha mina de cuarzo similar na Terra Cha, proxecto que parou a Xustiza. O SLG convonca unha reunión informativa o próximo martes as 22:30 horas.
Emrisa é unha filial no país da compañía Elkem AS de Noruega, integrada na multinacional china Blue Star. Di ter centros de producción en Begonte (Lugo), Frades (A Coruña), Castillo (Pontevedra) e Bóveda del Río Almar (Salamanca) e dar emprego directo a máis de 230 persoas.