Unha empresa agro-gandeira do sector primario, sendo primeira transformadora da cadea alimentaria, terÃa materia prima para alimentar esa instalación neste concello e beneficiarÃa a varios produtores agrÃcola-gandeiros da zona, pero vese obrigada a buscar outra ubicación xa que, a pesar do seu interese por instalarse no concello de MesÃa, non pode facelo ante a falta de solo para obter Licenza.
A empresa que pretende dar traballo a cerca de un centenar de traballadores con transformación directa á industria alimentaria, unha vez reunida con persoas da súa confianza e confirmar que en MesÃa non existe polÃgono onde poder obter as licenzas para poder instalar unha empresa destas caracterÃsticas, tivo que desistir en contra da súa vontade.
Pola proximidade á A6 e a materia prima da zona, MesÃa era o seu lugar ideal, pero a falta de capacidade do goberno do concello nestes últimos anos por non ser capaz de dar saÃda a unha zona industrial fai que se teña que ir outra empresa máis que aportarÃa valor engadido á zona e ás súas xentes.
No ano 2010 o concello de MesÃa anunciou a aprobación do PXOM, onde según o Sr. Alcalde se resolvÃan todos os problemas do municipio e daba saÃda ás complicacións urbanÃsticas das empresas para realizar inversións. Pois a dÃa de hoxe nin unha soa empresa o puido facer.
A principal empresa de MesÃa por postos de traballo, tivo que irse ao concello de Ordes fai moi pouco para poder crecer e actualizarse no seu mercado, a pesar do seu interese por facelo en MesÃa. A incapacidade do alcalde para resolver problemas operativos deste tipo obrigou a que a inversión, moi importante para un concello rural, en novas e modernas instalacións fose a parar no concello veciño.
Resulta moi lamentable que despois de tres lexislaturas do Sr. Alcalde, cuxa primeira coincidÃa co seu partido gobernando España, Galicia e a deputación provincial, onde foi deputado o susodicho, non se poida facer máis alá dunha nave para vacas (e con moitos matices nalgúns casos) cando este señor anunciara un PXOM co que se crearÃa unha zona industrial e zonas urbanas, asà como outras residenciais.
Varios anos despois, nada do prometido existe.