As de Xanceda, en Mesía, son nos últimos anos as piscinas municipais máis concorridas da comarca, ata o punto de que en determinadas xornadas estivais chegan a saturarse.
Por iso, o Concello de Mesía decidiu este ano establecer un control de acceso. A entrada continuará sendo de balde, pero regulada. Segundo a norma técnica da Xunta, admitirán 150 persoas adultas na piscina grande e 40 nenos e nenas na infantil.
O sistema, que se aplica desde a apertura da instalación este sábado, consistirá na entrega dunha tarxeta a cada usuario á entrada, que deberá devolver cando saia, de xeito que se evitarán as aglomeracións e situacións de risco.
Tamén se establece unha reserva do 70% do aforo para persoas empadroadas ou residentes en Mesía.
2 comentarios “AVISO CONTROL ACCESO PISCINAS MUNICIPAIS”
Daba pena o señor da piscina, vaya marrón pa el.
tan solo dous dias de abertura, xente fora con tarxeta, outra dentro sin ela, non se respeta o aforo, menos o dos de fora do concello.
Como veñan as autoridades vai caer un puro o concello, Avisado xa esta, por eso fan esta pantominia.
Pero si es de fora ou de dentro, pasan polo que digas. Que control e ese.
Ollo que hai Serpentes no recinto, foron vistas oxe. Quen controla eso, o da porta?