Axuda do Plan Renove de Fiestras. | Mesia Unida

Axuda do Plan Renove de Fiestras.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Prazo de presentación : 01/03/2016 – 30/09/2016.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o 30 de setembro de 2016, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

OBXECTO

A presente orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte da Consellería de Economía e Industria destinadas á rehabilitación dos ocos acristalados da fachada, tanto no referente ao acristalamento como aos marcos ou perfís, co fin de acadar melloras significativas na demanda enerxética do edificio e os conseguintes aforros en termos económicos.

O Plan entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro de 2016.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007.

A concesión destas axudas estará en todo caso condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia, e tamén na páxina web da DXEM a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores.

Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.

1. Será subvencionable a renovación de fiestras que formen parte da envolvente térmica do edificio pola compra de novas fiestras que cumpran coas seguintes especificacións técnicas:

– Dispor de marcaxe CE conforme a norma UNE EN 14351-1:2006.

– Exixencias mínimas de eficiencia enerxética:

a) Opción A: carpintaría de madeira ou PVC e acristalamento que cumpra algún dos seguintes requisitos:
a.1. Dobre acristalamento con cámara de 12 mm ou superior para vidros normais.
a.2. Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con cristal baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

b) Opción B: carpintaría metálica con rotura de ponte térmica de 12 mm ou superior con dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior e con acristalamento baixo emisivo (con emisividade menor ou igual a 0,1).

En todo caso, a instalación destas carpintarías deberán cumprir coa exixencia mínima establecida no Código técnico da edificación que corresponda e segundo o disposto na Orden FOM/1635/2013, do 10 de setembro, pola que se actualiza o documento básico DB-HE «Aforro de enerxía», do Código técnico da edificación, aprobado por Real decreto 314/2006, do 17 de marzo.

A renovación consistirá na substitución dunha fiestra existente por outra de igual ou inferior tamaño.

Será subvencionable a colocación dunha nova fiestra paralela á existente (dobre fiestra), sempre e cando esta nova fiestra satisfaga os requisitos enerxéticos citados.

Tamén será subvencionable a renovación de portas que separen estancias calefactadas do exterior, sempre e cando cumpran coas especificacións técnicas deste artigo e teñan marco por todo o perímetro.

Considéranse custos subvencionables a retirada das fiestras existentes, a fabricación das novas fiestras e a súa instalación, sempre e cando veña detallado na factura.

Non son subvencionables:
– Os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros), por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.
– Ocos acristalados non situados na fachada como, por exemplo, as fiestras tipo velux.
– As fiestras que estean nas particións interiores das vivendas (fiestras interiores, fiestras de cuartos de baño interiores, …), é dicir, aquelas que non separan estancias calefactadas do exterior.

En ningún caso serán subvencionables os gastos relativos a actuacións que xa foran obxecto de subvención nas anteriores campañas do «Plan renove de fiestras».

Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable.

Non se considerarán subvencionables:
– Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
– Os gastos realizados en bens usados.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día seguinte da reserva de fondos e o derradeiro día do prazo de xustificación.

2. O IVE (imposto sobre o valor engadido) será subvencionable para os particulares, entidades sen ánimo de lucro e administracións públicas, para o cal será necesario realizar unha declaración responsable (opción establecida na solicitude-anexo III) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional ou, no caso de ser Administración pública, que non pode repercutir o IVE.

3. A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100 €/m2 de oco, cuns límites de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso. Para o caso de comunidades de propietarios ou edificios de vivendas, a axuda máxima será de 3.000 € por vivenda unifamiliar/piso, co máximo de 50.000 € por edificio.

En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25 % do custo total da obra.

Soamente se admitirá unha solicitude de axuda por solicitante e unha única actuación por solicitude.

4. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial e comunidades ou mancomunidades de veciños, sempre que a actuación subvencionable descrita no artigo 3 se realice en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida pola DXEM no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.

Requisitos:

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:
a) As descritas no artigo 6, letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.
b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamente a concesión da subvención.
c) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
d) Acreditar ante a entidade colaboradora, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, así como antes das correspondentes propostas de pagamento, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma, no caso de non autorizar a súa consulta.
e) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data de xustificación establecida no artigo 20. O pagamento corresponderá ao investimento total da renovación descontando a axuda outorgada pola CEI. Este pagamento debe estar debidamente xustificado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 20.3 destas bases.
f) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, preste ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que haberá de achegarse coa solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia y economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
g) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.
h) Xustificar, no prazo establecido no artigo 20, o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización das actuacións e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
i) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que podan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
j) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
k) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
l) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

DOCUMENTACION

  • Solicitude segundo o Anexo III desta orde, acompañada da seguinte documentación:
  • Documentación adicional obrigatoria para persoas físicas:
    • Copia da Escritura da vivenda a nome do solicitante, ou recibo do imposto de bens inmobles (IBI) a nome do solicitante.
    • Copia do DNI ou NIE, da persoa solicitante, no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para agrupacións de persoas físicas:
    • Copia do documento que acredite a constitución da agrupación.
    • Copia do nomeamento do representante ou apoderado único da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, corresponden á agrupación.
    • Documento en que consten os compromisos de execución asumidos, así como o importe da subvención que se aplicará a cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios (Anexo V).
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • Documentación adicional obrigatoria para comunidades de vecinos:
    • Copia da acta de constitución da comunidade de propietarios coa relación de propietarios e a determinación da cota de participación respectiva.
    • Copia da Certificación do acordo adoptado pola maioría legalmente establecida pola correspondente comunidade de propietarios aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando o presidente ou administrador de predios para formular a solicitude de subvención.
    • Copia do acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a este extremo, ou certificación do administrador de predios que xestione a comunidade.
    • Anexo V debidamente cumprimentado.
    • Copia de como mínimo tres ofertas de diferentes propietarios no caso de darse as circunstancias recollidas no artigo 9.f das bases reguladoras da orde.
    • Anexo IV de ser o caso.
  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es , ou ben desde as páxinas web https://entidadescolaboradoras.xunta.es , https://planrenovefiestras.xunta.es , de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel (orixinal ou copia compulsada) en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Forma presentación

    Tramitación en liña

    A ONDE ACUDIR

  • CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIADIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA

    Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética
    Edificio Advo. San Caetano, s/n – bloque 5 – 4ª planta
    15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
    Teléfono: 981545573 / 981545464 Fax: 981545515
    Email: cei.dxem.axudasenerxía@xunta.es
    Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

Artigos similares

Axudas de compensacións ... PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016 Desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG ata o día 30
O primeiro pobo que, coa ... El pueblo que decidió dejar el oro bajo tierra Durante 300 años, la leyenda de la Ciudad de los Césares de la Patagonia enloqueció a guerreros y
Convocatoria do proceso s... Administración Local Municipal Mesía Convocatoria do proceso selectivo de peón-condutor Por Decreto de Alcaldía, de data 16.04.2018, aprobáronse as bases da convocatoria do procedemento de selección para
A Xunta concede axudas pa... O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, acaba de publicar no DOG a resolución que establece axudas para a
A problemática da mina d... Membros da plataforma Mina Touro-O Pino NON viaxaron ata Londres xunto con outras asociacións con própositos similares. O motivo da viaxe foi asistir á xunta de accionistas
“Isto é un espolio e E... Falamos con Patricia Miranda, unha das voceiras da Asociación Mesía Unida, sobre o proxecto de mina de seixo en Mesía-Xanceda, preto de Ordes, e o papel do
o seixo Azul de xanceda PREZO DO SEIXO AZUL Parece que nas terras de Xanceda, Olas, Mesia e parte de Frades, entre outras, temos Seixo Azul, algo de moito valor no mercado
Senra lleva a la UE el pr...   http://www.lavozdegalicia.es/m/noticia/santiago/ordes/2017/04/03/senra-lleva-ue-proyecto-mina-cuarzo-ordes/0003_201704S3C3993.htm
Enorme tensión eléctric... Polo concello de Mesía xa cruzan a día de hoxe varias líneas de alta tensión eléctrica, que dan servicios ó exterior, polo que non son as que
AVISO CONTROL ACCESO PISC... As de Xanceda, en Mesía, son nos últimos anos as piscinas municipais máis concorridas da comarca, ata o punto de que en determinadas xornadas estivais chegan a

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *