Axuda económica para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia. | Mesia Unida

Axuda económica para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia.

PRAZO DE PRESENTACION

Prazo de presentación : 15/01/2016 – 31/07/2016.

Comezará o 15 de xaneiro de 2016 e rematará o 31 de xullo de 2016.No suposto que se esgotase o crédito, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da Consellería.

Prazo de resolución : Tres meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

OBXECTO

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto subvencionar parte da factura eléctrica ás unidades de convivencia con menores ou discapacitados cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano).

Os gastos subvencionables serán as facturas de electricidade (IVE incluído) cuxo período de lectura estea comprendido entre o 1 de xullo 2015 e o 30 de xuño de 2016. No caso de que unha factura abranga un período que saia parte do período subvencionable, considerarase subvencionable o custo prorrateado dos días incluídos no mesmo.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios:

As persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que convivan con menores de 18 anos ou discapacitados e teñan un gasto derivado do subministro de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual.

A concesión da axuda comporta as seguintes obrigas:
a) Seguir as directrices que marca a resolución de convocatoria.
b) Cooperar coa administración en cantas actividades de inspección e verificación se leven a cabo, para asegurar o correcto destino da axuda.
c) As establecidas para os beneficiarios no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Requisitos:

1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Que na unidade de convivencia haxa menores de idade ou discapacitados con un grado de discapacidade igual ou maior ao 33 %.

3. Ser o pagador da correspondente factura de enerxía eléctrica.

4. Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen 1,5 veces o IPREM (9.585,19 €/ano). A estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2014 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda no 2014, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2014.

5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 do xuño, de subvencións.

6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

DOCUMENTACION

  • Xunto coa solicitude deberase presentar copia dixitalizada da seguinte documentación:

    a) Documento de identidade en vigor da persoa solicitante, e do resto das persoas integrantes da unidade de convivencia, ou autorización para a consulta de datos por parte da Xunta de Galicia no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co disposto no artigo 2 do Decreto 255/2008 (anexo III). No caso de menores que non teñan documento de identidade, documento acreditativo da súa idade (libro de familia, certificado de nacemento ou documento no que figure a data de nacemento).

    b) Declaración do IRPF ou, se é o caso, certificado emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2014 de todos os membros con ingresos que compoñen a unidade de convivencia, ou autorización á Consellería de Economía, Emprego e Industria para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda da unidade de convivencia (anexo III). No caso de falta de acreditación documental suficiente, poderase presentar informe social de valoración de ingresos da unidade de convivencia, emitido polos servizos sociais do concello correspondente ou por traballador social das entidades de iniciativa social previstas na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, que presten labor asistencial ao solicitante, segundo o modelo do anexo V.

    c) De selo caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa ao tícket eléctrico social de Galicia (anexo IV).

    d) Facturas de electricidade da vivenda que é residencia habitual do solicitante da axuda, e xustificantes de pagamento.

    e) Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.

    f) Título de familia numerosa no caso en que o dito título non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou no caso en que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a súa consulta.

    g) De selo caso, certificado de discapacidade de algún membro da unidade de convivencia, con grado de discapacidade maior ou igual ao 33 %, no caso en que o dito certificado non fose expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia, ou no caso en que si fose expedido pola Xunta de Galicia e o solicitante non autorice a súa consulta.

  • As solicitudes deberán presentarse unicamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es ou desde o enlace https://tícketelectrico.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.
  • No suposto de que o peticionario non teña capacidade técnica ou económica, ou que por outros motivos non teña garantido o acceso e dispoñibilidade dos medios tecnolóxicos precisos, a súa identificación ou autenticación poderá ser validamente realizada por empregado público, mediante o uso do sistema de sinatura electrónica do que estea dotado, segundo dispón o artigo 14 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, que regula o desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades de ela dependentes. A estes efectos, o peticionario poderá dirixirse ás oficinas de calquera das catro xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, así como á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que lle fagan a solicitude.
  • A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantiran a fidelidade do orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición dos persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 A ONDE ACUDIR

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS

Edificios Administrativos San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981957185 / 981545553
Email: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es
Información web: http://economiaeindustria.xunta.es

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE A CORUÑA

R/ Vicente Ferrer, 2
15071 A CORUÑA
Teléfono: 981184995 / 981184936 Fax: 981184790

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

Ronda da Muralla, 70
27071 LUGO
Teléfono: 982294975 / 982294670 Fax: 982294681

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

Curros Enríquez, 1º – 4º
32003 OURENSE
Teléfono: 988386710 Fax: 988386727

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

Fernández Ladreda, 43-5º
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 986805213 / 986805222 Fax: 986805247

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

SERVIZO TERRITORIAL DE VIGO

Praza da Estrela, s/n
36201 VIGO
Teléfono: 986817561 / 986817822 Fax: 986817580

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica

Lembre que para completar a presentación deste procedemento poderá ser necesario engadir os anexos dispoñibles na sección “Anexos asociados”, debidamente asinados.

 

Artigos similares

Faite socio de Mesía Uni... Dende a Asociación Mesía Unida convidamos a todos os veciños de Mesia que queran axudar a millorar a vida das persoas do noso entorno a que se
EL PROYECTO MINERO DE ER...
Xuntanza e presentación ... Este sábado as 19:30 horas na Casa da Cultura de Ordes estréase o documental “Redes contra a política do espolio” do que forman parte 8 colectivos da
Rexeitado por Medio Rural... A parcela na que se propón a súa construción está catalogada como solo especial de protección agropecuaria O polémico vertedoiro de residuos non perigosos de Lesta promovido
o seixo Azul de xanceda PREZO DO SEIXO AZUL Parece que nas terras de Xanceda, Olas, Mesia e parte de Frades, entre outras, temos Seixo Azul, algo de moito valor no mercado
Enorme tensión eléctric... Polo concello de Mesía xa cruzan a día de hoxe varias líneas de alta tensión eléctrica, que dan servicios ó exterior, polo que non son as que
http://http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/xinzo-de-limia/2017/01/10/precio-carne-coste-purines-ahogan-300-granjas-porcinas/0003_201701O10C2993.htm
ERIMSA NON REPUXO A MINA Foto de terreo afectado por Erimsa e estado actual. Na resolución do día 02 de Febreiro do ano 2001, a Xunta esixe a Erimsa a reposición dos
A VACA CON CORNOS Unha gran parte do sector productor de leite non quixo ou non soupo mirar o que viña encima, moitos  pensaban que os governos amañarian o que estropearón,
Curtis concede la licenci... Curtis concede la licencia para la planta de leche que promueve Goodleit en el polígono La empresa prevé invertir 18 millones en las obras de construcción –

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *