Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro. | Mesia Unida

Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: período de baleiro.

PRAZO DE PRESENTACION

Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016

Desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG ata o día 30 de novembro de 2016, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

OBXECTO

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2016:

1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, e ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, por motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.

2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados, e os casos de morte/sacrificio deses animais a consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

Beneficiarios:

1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, as persoas titulares (físicas e xurídicas) de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.

2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición, as persoas titulares (físicas e xurídicas) de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas, en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, e como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.

3. As persoas solicitantes (físicas e xurídicas) das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

4. No cumprimento do artigo 1.6.b) parágrafo ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, as peme beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresas en crise, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causadas polas enfermidades animais recollidas na lista da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.

5. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades:

a) Que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarara unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.

Requisitos:

1. Para os efectos de ter dereito ás axudas reguladas nesta orde, as persoas titulares implicadas e as explotacións gandeiras afectadas:

a) Cumprirán e lles serán de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a continuación, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal, e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.

b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, polo tanto, non se atoparán incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996.

c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia: en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, da Consellería do Medio Rural.

2. Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, ademais, comprobarase:

a) Que sexa efectivo o baleiro sanitario da explotación, co sacrificio obrigatorio da totalidade dos seus animais.

b) Que se cumpra o prazo de tempo para o período de baleiro (ou período de corentena) da explotación, sinalado pola autoridade sanitaria competente, ata que esta autorice a repoboación na explotación ou leve a cabo a súa desinmobilización.

3. Para as axudas á reposición de gando, ademais comprobarase que se cumpren os seguintes requisitos:

a) En todos os casos, ter sacrificado obrigatoriamente aqueles animais de especies susceptibles de padecer a enfermidade, e que foron diagnosticados positivos ou sospeitosos.

b) Ter efectuado previamente, antes da reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.

c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997, pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.

d) En canto aos animais adquiridos polos cales se solicita axuda: os da especie bovina procederán de explotacións con cualificación sanitaria T3 e B4 e libres de encefalopatías esponxiformes transmisibles, e os das especies ovina e cabrúa, de explotacións con cualificación sanitaria M4 e tamén libres de EET.

e) Unicamente se subvencionará a reposición efectuada con animais para manter na explotación un nivel de produción similar ao existente con anterioridade ao sacrificio.

4. Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación dos procedementos de concesión das axudas reguladas nesta orde, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos nos tres puntos anteriores.

DOCUMENTACION

  • 1. Xunto coa primeira solicitude, a persoa interesada deberá achegar, segundo o caso de que se trate, a seguinte documentación complementaria:
    a) Copia do NIF da persoa xurídica solicitante no caso de que se denegue expresamente a súa consulta e copia do DNI do seu representante, ou copia do DNI da persoa física solicitante. A copia do DNI deberase presentar só no caso de que non se autorice a Consellería do Medio Rural para consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
    b) Se o/a solicitante é unha persoa xurídica: copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos.
    c) No caso de representación (da persoa solicitante): documento acreditativo da representación por calquera medio válido en dereito. O representante deberá ser unha persoa física.
    d) Documentos acreditativos das pólizas de seguros gandeiros que se posúan. Ademais de presentar as pólizas de seguros, e se é o caso, a persoa titular da explotación e asegurada se percibiu importes polos animais sacrificados por mor do baleiro sanitario, achegará un documento emitido pola empresa aseguradora xustificativo deles.

    2. Con respecto á documentación complementaria que acompañará, se é o caso, a segunda solicitude: se houbera algunha modificación nos documentos presentados coa primeira solicitude e citados no punto 1 anterior, a persoa interesada deberá achegar os novos xunto con esta solicitude.

    3. Así mesmo, sempre que se realice a presentación de documentación separadamente dos formularios principais (anexos II e III), a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

A ONDE ACUDIR

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

DIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA, AGRICULTURA E INDUSTRIAS AGROALIMENTARIAS

SUBDIRECCIÓN XERAL DE GANDARÍA

SERVIZO DE DOTACIÓN DE MEDIOS
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981545733 Fax: 981545735

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE GANDARÍA
R/ VICENTE FERRER, 2
15008 A CORUÑA
Teléfono: 981184565 Fax: 981184653

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO

SERVIZO DE GANDARÍA
RONDA DA MURALLA,70
27071 LUGO
Teléfono: 982294487 Fax: 982294425

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE

SERVIZO DE GANDARÍA
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32003 OURENSE
Teléfono: 988386515 Fax: 988386524

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

XEFATURA TERRITORIAL DE PONTEVEDRA

SERVIZO DE GANDARÍA
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36003 PONTEVEDRA
Teléfono: 886206571 Fax: 986857624

Forma presentación

Tramitación en liña

Presencial

Artigos similares

MESIA FORMA COMISION DE S...
Axudas á reposición de ...   PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016  OBXECTO O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano
Da Terra Chá a Ordes: un...   Da Terra Chá a Ordes: unha década de loita contra Erims Artigo de opinión de Margarida Prieto Ledo, coordinadora do Sindicato Labrego Galego (SLG) na Terra
O DOG publica as axudas p... O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de
Sometemento a informació... Aquí vos deixamos a RESOLUCIÓN do 13 de febrero de 2017, da Xefatura Territorial de A Coruña, pola que se someten a información pública o proxecto de
Máis de 200 alegacións ... Unha delegación con representantes da veciñanza de Xanceda (Mesía) e do Sindicato labrego galego (SLG) entregou no Concello a comezos de semana máis de 200 alegacións contra
EXPEDIENTE DE EXPLOTACION... Nesta ligazón podedes consultar o expediente de explotación. http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras
Farolas en Lanzá Procede preguntar onde están as farolas de Lanzá, esas que se quitaron despois de ser postas pola deputación na carretera que vai a Boimorto. Xa se leva
ERIMSA ROMPE LA CONVIVENC... La presión que se está ejerciendo sobre la vecindad y parientes por parte de los trabajadores de Erimsa en la zona de Mesia y Frades, está siendo
AUGA MUNICIPAL DESCRIMINA...  Sabia que o concello de Mesia encarece o coste da auga os gandeiros profesionais, e rebaixa os que teñen un animal de compañia ou de deporte.  Si

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *