Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no presente curso académico, nas universidades do sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar os estudos. | Mesia Unida

Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios, no presente curso académico, nas universidades do sistema universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e imprevistas teña dificultades económicas para continuar os estudos.

PRAZO DE PRESENTACION

Prazo de presentación de solicitudes: 30/01/2016 – 01/08/2016

OBXECTO

O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, no curso académico 2015/16, nas universidades do Sistema universitario de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico que lles impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Esta convocatoria tramítase ao abeiro do disposto no artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, existindo crédito suficiente previsto no proxecto de Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2016. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

Beneficiarios:

Alumnado universitario.

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
a) Seguir durante o curso académico, con carácter presencial, os estudos en que se estea matriculado/a.
b) Comunicar por escrito calquera variación ou modificación que se produza durante a tramitación do procedemento respecto das circunstancias alegadas na solicitude e de someterse ás actuacións de comprobación que acorde a Secretaría Xeral de Universidades.
c) Comunicar por escrito a renuncia á axuda no caso de producirse unha causa que determine a dita renuncia.
d) Informar o órgano que concede a bolsa da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
e) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo I desta orde, segundo se regula no artigo 11 do Regulamento da Lei 9/2007.

Requisitos:

a) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio, enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
b) Que a situación sobrevida e imprevista acontecese durante o actual curso académico 2015/16. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de setembro de 2015 e o 30 de xuño de 2016.
c) Estar matriculado, no curso académico 2015/16, como mínimo en 50 créditos, en estudos universitarios presenciais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao que lle reste un número inferior de créditos para rematar os seus estudos que deberá de estar matriculado como mínimo de 30 créditos.
d) Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual para o ano 2016 é dicir 5.150,60 euros (429,22 euros mensuais, incluída nesta contía a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias).
e) Non ter percibido esta axuda con anterioridade.

DOCUMENTACION

  • Xunto coa solicitude (anexo I, modelo normalizado ED433A) deberase achegar:
    • a) No caso de que o/a solicitante ou os membros da unidade familiar non autoricen a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para realizar as comprobacións e verificacións incluídas nos anexos I e II:
      • 1) Copia do DNI ou do NIE da persoa solicitante e de cada membro computable da unidade familiar maior de idade.
      • 2) Certificación emitida polo Servizo Público de Empleo Estatal (SEPE) da persoa solicitante e de cada membro computable da unidade familiar de prestación actual e de importes percibidos desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data de emisión da certificación, sempre que entre esta data e a de presentación da solicitude da axuda non medie máis dun mes, comprensivas de calquera prestación por desemprego, contributivas, asistenciais, rendas, subvencións e calquera outra axuda dos diferentes programas de emprego que actualmente e no pasado xestionase o SEPE e recibir prestación ou subsidio por desemprego.
      • 3) Certificación emitida polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) que indique se a persoa solicitante e os/as membros computables da unidade familiar son ou foron perceptores de pensións/prestacións do sistema da Seguridade Social, indicando, se procede, a contía actualmente recoñecida, así como aquelas percibidas desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data de emisión da certificación, sempre que entre esta data e a de presentación da solicitude da axuda non medie máis dun mes.
    • b) Xustificación da causa sobrevida e imprevista en que fundamenta a petición da axuda para o cal presentará todos os documentos que a proben.
    • c) Informe do/a traballador/a social do concello en que estea empadroada a persoa solicitante que recolla a causa sobrevida e imprevista, así como a situación socioeconómica da unidade familiar, anterior e posterior á causa, que motive a necesidade urxente de recursos económicos.
    • d) Copia do documento acreditativo de matrícula na universidade en que deberá de figurar o importe da matrícula, as materias e o número de créditos en que está matriculado/a no curso académico 2015/16.
    • e) Informe de vida laboral, actualizado á data da publicación desta orde, de cada membro computable da unidade familiar.
    • f) Certificado de convivencia emitido polo concello de todos/as os/as membros que compoñan a unidade familiar que residan coa persoa solicitante no domicilio habitual actualizado á data da publicación desta orde.
    • g) Documentación acreditativa dos ingresos ou rendas da unidade familiar durante o ano 2015 e dos ingresos ou rendas mensuais de cada membro computable da unidade familiar durante o ano 2016.
    • h) Copia da resolución de concesión ou denegación da bolsa do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte do curso 2015/16, se foi peticionario/a dela.
    • i) Certificación emitida polo SEPE que indique se a persoa solicitante e os/as membros computables da unidade familiar son ou foron perceptores da axuda para o Programa de Recualificación Profesional (PREPARA) regulado no Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas prorrogado polo Real decreto lei 1/2013, do 25 de xaneiro, indicando, se procede, a contía actualmente recoñecida así como aquelas percibidas por este concepto desde o 1 de xaneiro de 2015 ata a data de emisión do certificado, sempre que entre esta data e a de presentación da solicitude da axuda non medie máis dun mes.
    • j) Cando a persoa solicitante alegue a súa independencia familiar e económica, deberá de presentar a documentación xustificativa de ter domicilio en propiedade ou en aluguer e de dispoñer dos medios económicos suficientes para facer fronte aos seus gastos.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED433A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no enderezo electrónico 012@xunta.es

    Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • Prazo de presentación das solicitudes:
    – Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
    – Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes o 31 de xullo de 2016, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.b) desta orde.

 

  • A ONDE ACUDIR

          CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

          SECRETARIA XERAL DE UNIVERSIDADES

          SUBDIRECCIÓN XERAL DE UNIVERSIDADES

SERVIZO DE APOIO E ORIENTACIÓN AOS/ÁS ESTUDANTES UNIVERSITARIOS/AS
San Caetano, s/n
15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981544430 Fax: 981545422
Información web: http://www.edu.xunta.es

      Forma presentación

Tramitación en liña

          Iniciar presentación electrónica na sede

         Lembre que para completar a presentación deste procedemento poderá ser necesario engadir            os anexos dispoñibles na sección “Anexos asociados”, debidamente asinados.

Presencial

          Modelo de solicitude

Artigos similares

Participación no fondo s... 1. Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos: a) A
Os gandeiros de Ordes ale... Aquí vos deixamos unha entrevista feita a Maria Vieites, coordinadora do Sindicato Labrego en Ordes falando sobre as minas que pretenden levar a cabo Erimsa en Xanceda
Curtis concede la licenci... Curtis concede la licencia para la planta de leche que promueve Goodleit en el polígono La empresa prevé invertir 18 millones en las obras de construcción –
26 granjas perjudicadas p... Cómo es posible que un Gobierno que dice luchar contra el despoblamiento rural tramite una macro mina de 200 hectáreas a cielo abierto que dejará sin terrenos
TRABAJADORES DE ERIMSA TR... Ayer el Sindicato Labrego Galego celebró otra reunión en la casa de cultura de Mesia para informar a los afectados y empezar a recoger Alegaciones al Proyecto
As empresas non poden ins... Unha empresa agro-gandeira do sector primario, sendo primeira transformadora da cadea alimentaria, tería materia prima para alimentar esa instalación neste concello e beneficiaría a varios produtores agrícola-gandeiros
Plataformas veciñais da ... Na dita xuntanza participaron asociacións como Non aos Eólicos en Ordes, Mina Touro-O Pino Non, Casalonga Libre de Residuos (Teo), Afectados polo Vertedoiro de Miramontes (Santiago), Afectados polo
OS GANDEIROS EN MESIA PAG...   No ano 2012 en Mesia aplicouse unha suba de IBI do 50 % por acordo municipal, o máximo permitido por lei. Fíxose  a maior subida do
Convocatoria do proceso s... Administración Local Municipal Mesía Convocatoria do proceso selectivo de peón-condutor Por Decreto de Alcaldía, de data 16.04.2018, aprobáronse as bases da convocatoria do procedemento de selección para
Alcalde oculta informaci... Alcalde oculta información para favorecer mina, alertan veciños Na zona de Mesía – Xanceda, preto de Ordes, hai poucos motores económicos máis aló da gandaría, sobre todo

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *