Catastrazo na contribución rústica | Mesia Unida

Catastrazo na contribución rústica

A revisión catastral que se está desenvolvendo en Galicia, tanto no Catastro de Urbana como no de Rústica, terá un impacto importante sobre os bens inmobles do rural. Todas as instalacións agrarias, tales como granxas, naves e invernadoiros, pasan a pagar o Imposto de Bens Inmobles (IBI), coñecido popularmente como contribución. A maiores, a revisión porá ao día posibles ampliacións en vivendas e incluirá novas construcións.

Unións Agrarias, que cualifica o proceso de ?catastrazo?, calcula que o Ministerio de Facenda pretende multiplicar por dez os ingresos do IBI de Rústica. O secretario de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias, Jacobo Feijoo, acompañado por José Antonio Diéguez Otero, de Ventonoso, ofreceu unha rolda de prensa onte en Pontevedra para valorar o problema. A organización agraria demanda bonificacións fiscais para as explotacións agrarias.

Onde e cando se vai a facer a revisión catastral?
A revisión catastral está a desenvolverse en Galicia desde o ano 2013, en aplicación da resolución da Dirección Xeral de Catastro do 10 de setembro de 2013, pola que se determinan municipios e períodos de aplicación do procedemento de regulación catastral. En parte dos concellos galegos xa se realizou e noutros está en marcha, estando prevista a incorporación de todos os restantes que o soliciten até finais do 2016 ou 2017, de ser prorrogado o prazo. En Pontevedra, por exemplo, dos 62 municipios da provincia, a revisión xa afectou a 12 e hai outros 18 en proceso.

Que consecuencias ten a revisión para o propietario do rural?
A actualización do Catastro obrigará ao pago da contribución por instalacións que até agora estaban exentas, como cortellos, naves e invernadoiros. A maiores, a revisión porá ao día ampliacións en vivendas e novas construcións, xa que o actual Catastro, que data de mediados dos anos noventa, quedou desfasado.

Canto se vai a pagar de contribución polas instalacións agrarias?
Depende da boa vontade do Concello de quenda. A lei permite unha taxa de entre o 0,3 e o 0,9 % do valor da propiedade. Unións Agrarias demanda que os Concellos teñan en conta a situación de crise xeneralizada pola que atravesan a maioría das producións gandeiras de face a aplicar a taxa mínima. A organización agraria pide ademais que os Concellos establezan bonificacións para as explotacións agrarias en base a diversos criterios (persoas xubiladas, familia numerosa, etc.). Ambas as medidas son posibles só en Concellos que non estean sometidos a un ?rescate municipal? das súas contas a través dun plan de axuste (RD 4/2012) ou dun plan de estabilización financieira apoiado por Facenda.

Traducido a números, como queda a cousa?
Un cortello valorado en 100.000 euros, e que até o momento da revisión non viña pagando o IBI, pasaría a pagar 900 euros ao ano se se lle aplicase a taxa máxima que permite a lei, un 0,9%. Unións demanda que os Concellos apliquen a taxa mínima, do 0,3%, coa que se pagarían 300 euros ao ano. De aplicarse bonificacións a maiores sobre o IBI, tal e como reclama a organización agraria, a cota podería baixar até outro 90%, quedando en 30 euros ao ano.

Que recibo chegaralle ao propietario pola actualización do Catastro en vivendas do rural?
Depende das ampliacións ou novas construcións que acometese o propietario. Se se produciron cambios, o Catastro enviaralle unha primeira carta ao propietario informándoo de que lle concede unha amnistía -por non ter comunicadas as ampliacións-, previo pago de 60 euros. ?Ollo, porque hai propietarios que pensan que os 60 euros son o pago do recibo, cando non é así? -advirte Jacobo Feijoo, de Unións-. ?Para consultar o recibo actualizado, que nos pasarán no seguinte ano, hai que introducir vía internet a clave que se nos facilita na carta na que nos comunican a amnistía?.

Unións incide en que tamén se debe ter en conta que Catastro pode reclamar o últimos catro anos de atrasos. Xa se deron casos de recibos por encima dos 1.000 euros. Por exemplo, en Chantada tivemos o caso dun propietario que estaba a pagar 50 euros e pasou a pagar 300. A diferenza son 250 euros, pero como se lle reclamaron os 4 anos anteriores, o primeiro recibo tras a revisión pasou dos 1.000 euros, explica Jacobo Feijoo.

Que pode facer o propietario?
Unións Agrarias considera que é fundamental que o propietario preste atención ao proceso de revisión para que a actualización axústese á realidade, xa que di, están a darse moitos erros na catalogación das instalacións, por exemplo a clasificación de naves de uso agrario como almacéns de uso urbano, coas conseguintes consecuencias de valoración e de quedar fóra de posibles bonificacións. É conveniente prestar tamén atención á taxa, entre o 0,3 e o 0,9, que vai aplicar cada concello.

Artigos similares

Concentración AIRE, AUGA... Domingo  30 de Setembro ás 12:30 horas no Parque Municipal de Ordes terá lugar a concentración “Aire, auga e terra limpas”. Esta concentración está promovida por varias
Axudas de compensacións ... PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016 Desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG ata o día 30
O ALCALDE DE MESIA SIGUE ... O sr. Mariano Iglesias  Alcalde de Mesia La burla y el insulto con el que viene tratando el sr. Mariano a sus vecinos y ciudadanos últimamente nadie se lo
Axudas á reposición de ...   PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016  OBXECTO O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano
Lídia Senra denuncia na ...   Lídia Senra denuncia na UE o proxecto mineiro de Erimsa que elimina postos de traballo na comarca de Ordes BY AGEE · 2 ABRIL, 2017 Rexistra
A Xunta concede axudas pa... O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, acaba de publicar no DOG a resolución que establece axudas para a
O BNG pide a xunta que de... O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA 05 ABR 2017 ÁS 18:07 ERIMSA FRADES MESIA OROSO ORDES MINI Mini advirte
Sometemento a informació... Aquí vos deixamos a RESOLUCIÓN do 13 de febrero de 2017, da Xefatura Territorial de A Coruña, pola que se someten a información pública o proxecto de
Preocupación entre los g... Inicio / Leche / Preocupación entre los ganaderos de Ordes por el proyecto minero de Erimsa Preocupación entre los ganaderos de Ordes por el proyecto minero de
AVISO CONTROL ACCESO PISC... As de Xanceda, en Mesía, son nos últimos anos as piscinas municipais máis concorridas da comarca, ata o punto de que en determinadas xornadas estivais chegan a

7 comentarios “Catastrazo na contribución rústica”

  1. Carme o

    O outro día fun ao Catastro a pedir unha relación dos meus bens para solicitar unha bolsa e saben os que me querían cobrar? 17 Euros nin mais nin menos , digo querían porque ao final non o solicitei, non lle vou a dar ganancia a quen xa ten moita!

    Responder

Deixar un comentario pepe Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *