ERIMSA sigue furando os concellos | Mesia Unida

ERIMSA sigue furando os concellos

Na parroquia de Xanceda está claro que existen moitas pedras de cuarzo, por tanto, moitos euros debaixo da terra. Isto é ben sabido por algúns, que non paran de facer furados en certas fincas…

Por sorte cada día son máis os que xa non queren que lles escaven as súas terras, aunque aínda queda quen por uns euros deixa furar e levar o que lle encontren, co consecuente destrozo ambiental, xa que unha vez se quita o material a finca nunca volverá a ser a misma.

É moi lamentable que algún gandeiro teña que buscar a rentabilidade da explotación con empresas como ERIMSA, empresa que se clasifica por sí sola con feitos como os de Lanzá (cambiouse a estructura das terras e o destino das augas, entre outros feitos.)

De toda a vida para drenar (quitar as augas das terras encharcadas) se metía pedra no canal. Pois ERIMSA quita a pedra que da estructura ao solo, o que non sería moi perigoso na capa superficial. Pero sí o é cando se baixa varios metros furando para quitar todo o cuarzo que poden. Ademáis isto non só afecta ao dono da finca, que cobra por iso (aunque sea moi pouco), se non que afecta a toda a zona e vecindade porque as augas pouco a pouco van cambiando de lugar chegando, incluso, a secar fontes, traídas de auga veciñales, encharcar zonas que antes filtraban as augas, etc. Por tanto, estos feitos tamén afectan aos que non perciben nada a cambio.

O proxecto presentado no concello de Mesía por ERIMSA para furar estas terras non analiza en absoluto as duras consecuencias que eles saben que ocurren, non analiza os danos provocados nin como se poden remediar.

O peor é que o concello, no que ERIMSA xa deixou a súa firma (como no caso de Lanzá), se posiciona en contra dos intereses dos veciños. Ademáis, dentro da formación do goberno, o concelleiro de Medio ambiente é veciño de Lanzá e puxo o grito no ceo cando se enterraran as vacas mortas nunha canteira de ERIMSA, pero neste caso está calado. Foi el o que no seu momento pediu axuda aos veciños do noso concello contra ERIMSA e a Xunta de Galicia, e os veciños apoiarono. Non sabemos que cambiou para que xa non mostre esa oposición, será o cargo que manten agora de concelleiro de medio ambiente? Moi lamentable a súa actitude neste caso.

Artigos similares

Granxa con envasado de le... http://elprogreso.galiciae.com/noticia/549617/la-ganaderia-casa-vidal-de-guitiriz-embotella-y-comercializa-su-leche
Una empresa proyecta inve... Una empresa proyecta invertir 18 millones en la construcción de una planta de leche en Teixeiro Goodleit, con sede en Alcorcón, tramita los permisos para su instalación
Concentración AIRE, AUGA... Domingo  30 de Setembro ás 12:30 horas no Parque Municipal de Ordes terá lugar a concentración “Aire, auga e terra limpas”. Esta concentración está promovida por varias
Medio Rural se opone al p... Medio Rural se opone al proyecto minero de Erimsa en la comarca de Ordes La Consellería de Medio Rural ha emitido un informe desfavorable al proyecto minero
TRABAJADORES DE ERIMSA TR... Ayer el Sindicato Labrego Galego celebró otra reunión en la casa de cultura de Mesia para informar a los afectados y empezar a recoger Alegaciones al Proyecto
MESIA FORMA COMISION DE S...
O BNG pide a xunta que de... O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA 05 ABR 2017 ÁS 18:07 ERIMSA FRADES MESIA OROSO ORDES MINI Mini advirte
A problemática da mina d... Membros da plataforma Mina Touro-O Pino NON viaxaron ata Londres xunto con outras asociacións con própositos similares. O motivo da viaxe foi asistir á xunta de accionistas
OS GANDEIROS EN MESIA PAG...   No ano 2012 en Mesia aplicouse unha suba de IBI do 50 % por acordo municipal, o máximo permitido por lei. Fíxose  a maior subida do
ERIMSA NON REPUXO A MINA Foto de terreo afectado por Erimsa e estado actual. Na resolución do día 02 de Febreiro do ano 2001, a Xunta esixe a Erimsa a reposición dos

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*