Informe de Medio Rural sobre a mina de Mesía | Mesia Unida

Informe de Medio Rural sobre a mina de Mesía

A asociación ecoloxista ADEGA ven de facer público o informe da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias sobre o proxecto da mina de seixo de Erimsa nos concellos coruñeses de Mesía e de Frades, e que afectaría a 761 hectáreas de uso agrícola.

O informe preceptivo, pero non vinculante, é de maio do pasado ano pero non transcendeu ata hoxe. A postura de Medio Rural é clara á hora de rexeitar o proxecto mineiro. “Esta Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias non pode por máis que pronunciarse en contra do proxecto sinalado, ao considerar que os importantes efectos negativos que se causarían sobre a produción agrogandeira da zona, afectarían grandemente aos concellos de Mesía e Frades, por ser esta un piar fundamental da súa actividade económica, social e cultural, manténdose a dita afectación negativa no tempò tralo remate das actuacións”, conclúe o documento.

“É por elo que desde a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias rexeitamos o proxecto con rotundidade, e recomendamos que non se permita a realización dos traballos referidos”, aclaran dende o departamento que dirixe Belén do Campo.

A Direción Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias tamén subliña que nas parcelas afectadas pola mina investíronse millóns de euros (20 millóns, só en Mesía) en concentracións parcelarias e outros 608.000€ en axudas ás industrias agroalimentarias e para a comercialización dos seus produtos.

Sen embargo, este non é o único informe que ten que emitir a Consellería de Medio Rural: tamén se teñen que pronunciar a Dirección Xeral de Ordenación Forestal e outros departamentos da Administración galega.

A este respecto, o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois, informou o pasado mes de xuño no Parlamento Galego que “o goberno da Xunta, unha vez finalizado o proceso de avaliación do impacto ambiental e respectando a lei, poñerá en equilibrio os intereses agrarios, mineiros e ambientais, e pronunciarase outorgando a concesión mineira ou non”.

Adega espera que os restantes departamentos da Xunta rexeiten o proxecto mineiro

Diante deste informe, ADEGA demanda da D. X. de Enerxía e Minas que denegue o proxecto de explotación de seixo de ERIMSA para a concesión “Xanceda 7138” e similares, nos concellos de Mesía e Frades..

“Agardamos que tanto Medio Rural como outros departamentos autonómicos (Augas, Medio Ambiente, Patrimonio…) fagan o mesmo e informen negativamente sobre o outro proxecto mineiro, a mina de cobre de Touro-O Pino, que ameaza non só á comarca senón tamén á Ría de Arousa”, advirten dende a organización ecoloxista.

Por último, lembran que “tanto o proxecto de Mesía como o de Touro, tramitáronse antes de que o PP aprobara a “Lei de Depredación”, e os informes preceptivos dos distintos departamentos da Xunta son aínda determinantes”.

Porén, Adega recoñece que “nada impide que estas empresas depredadoras, con concesións mineiras por ducias de anos, volvan presentar os seus proxectos nuns meses, o que xa implicará a súa tramitación express sen máis condicionantes que os que industria decida”.

Descarga aquí o informe de Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias sobre o proxecto da mina de seixo de Erimsa 

Artigos similares

O turismo interno e inter... A nosa comunidade rexistrou no pasado mes un incremento dos seus viaxeiros aloxados do 20,7% acadando preto de 260.000 Tamén as pernoitas rexistradas no terceiro mes do
o seixo Azul de xanceda PREZO DO SEIXO AZUL Parece que nas terras de Xanceda, Olas, Mesia e parte de Frades, entre outras, temos Seixo Azul, algo de moito valor no mercado
O ALCALDE NEGASE A CONTES... Mariano Iglesias  Alcalde de Mesía Este señor ten historia e esta marcando historia en Mesía, ainda que non e da boa, o negarse a informar os veciños de
Lídia Senra denuncia na ...   Lídia Senra denuncia na UE o proxecto mineiro de Erimsa que elimina postos de traballo na comarca de Ordes BY AGEE · 2 ABRIL, 2017 Rexistra
ERIMSA ROMPE LA CONVIVENC... La presión que se está ejerciendo sobre la vecindad y parientes por parte de los trabajadores de Erimsa en la zona de Mesia y Frades, está siendo
Granxa con envasado de le... http://elprogreso.galiciae.com/noticia/549617/la-ganaderia-casa-vidal-de-guitiriz-embotella-y-comercializa-su-leche
O DOG publica as axudas p... O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de
O CURA D. PEDRO Acto a memoria a D. Pedro Santos Canosa, un cura que marcou huellas nas parroquias de Mesía e Frades donde estuvo, non pasou desapercibido para nadie, tiña
Faite socio de Mesía Uni... Dende a Asociación Mesía Unida convidamos a todos os veciños de Mesia que queran axudar a millorar a vida das persoas do noso entorno a que se
MINEIRAS ABUSIVAS Cada día as multinacionais mineiras abusan máis dos cidadáns co único obxectivo de autoenriquecerse. Un simple veciño ou propietario de terras, das cales vive, encóntrase indefenso, desinformado

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *