Cada dÃa as multinacionais mineiras abusan máis dos cidadáns co único obxectivo de autoenriquecerse.
Un simple veciño ou propietario de terras, das cales vive, encóntrase indefenso, desinformado e sen ninguén que lle axude. A única axuda é, moitas veces, a do engano por parte da propia mineira que en ocasións incluso conta con amparo polÃtico.
Existen complexos casos como o da Mina de Touro, onde se encontran distintos intereses, non se ten moi en conta o dano ambiental e social e onde algúns se enriquecerán e outros terán que desertar arruinados nun futuro. É un caso excepcional porque sà que contan coa axuda de concellos afectados, menos onde se ubica a mina (Touro-O Pino). Os concellos que si apoian a loita contra a mina son concellos veciños nos que existe un gran risco de contaminación das súas augas. Como dixemos anteriormente, é un caso excepcional, xa que noutros moitos aos veciños nin se lles escoita.
Nesta mina enfrontánse os concellos de Touro e O Pino, que non se posicionaron en contra da mina, contra varios outros afectados, que sà o fixeron, incluso alcaldes da mesmo cor polÃtico non comparten as mesmas teorÃas neste proxecto.
Pero tamén hai outros casos máis tráxicos onde ningún polÃtico defende aos afectados, como son os casos dos concellos afectados pola multinacional mineira ERIMSA, onde tanto o concello de Frades como o de MesÃa están do lado da mineira. O concello de MesÃa valorou favorablemente o proxecto sen informar a ningún afectado, a pesares dos centos de hectáreas afectadas nunha zona principalmente agrÃcola-gandeira.
O Sr. Alcalde ocultou aos afectados o proxecto, mentras facÃa comilonas cos da multinacional e incluso lle ocultaba as conversas ao seu propio equipo de goberno.
Resulta lamentable que haxa polÃticos que traizoen aos veciños que lles deron o cargo aceptando propostas de unha multinacional sin saber a cambio de que.
Lamentable que o único peito que saque algún alcalde polos seus veciños sexa solo despois de comer e beber viño para decir sà as mineiras que danan o medioambiente.
ERIMSA leva moita dano feito no concello de MesÃa, e é ben sabido polo Alcalde e o Concelleiro de Medioambiente, o mesmo que querÃa acabar con ERIMSA antes de ocupar dito cargo. Parece que a publicidade de ERIMSA cambiou moito a este home. Porqué se darÃa tal xiro? Un milagre da polÃtica?
Quen te viu e quen te ve…