NOTA DE PRENSA: Resposta á chantaxe de ERIMSA | Mesia Unida

NOTA DE PRENSA: Resposta á chantaxe de ERIMSA

Ramón Barreiro, representando ao Sindicato Labrego dentro da Comisión de seguimento da Minería na zona de Mesía e en Defensa do Rural,  unha vez analizado o comunicado de Erimsa e comprobados os seus feitos, consideramos moi graves as  declaracións feitas para presionar á Xunta de Galicia ao tempo que poñen de manifesto supostas irregularidades que xa, en si, son graves (das que esperamos que a Xunta de Galicia e os concellos correspondentes actúen en consecuencia, pois son recoñecidas pola mesma empresa). Nese mesmo comunicado demóstranse tamén varias irregularidades e contradicións,  polo que  esta Comisión quere EXPOÑER:

Primeira.– Erimsa non ten maior importancia económica para a zona xa que ten menos traballadores que algunha granxa da comarca e o material e diñeiro que producen marchan fóra da comunidade e do país (capital chino en gran parte e os donos non os coñecemos).

Segunda.– Erimsa nos últimos anos fixo moito dano medioambiental na zona de Mesía, como cambio de augas subterráneos, o famoso enterramento das vacas “locas” en canteiras escavadas a varios metros de fondura, entradas en fincas particulares sen permiso, enganos na preparación do terreo, non executar os plans de recuperación  medioambientais, deixar balsas abertas de varios millóns de litros de auga ao aire aberto, etc. Todo o contrario do que predican.

Terceira.– Crea mal estar e enfrontamentos, xa que usaron aos seus catro traballadores para intimidar a veciños e poder explotar as súas terras.

Cuarta.– Supostamente os traballos que fai Erimsa nas zonas que traballa a máis de 20 metros de fondura como na zona de Lanzá, poden activar o Arsénico que pode ir parar as augas, produto altamente contaminante e moi perigoso, afectando negativamente a vida das persoas e animais que as consuman. Erimsa non presentou aos afectados ningún plan corrector de Arsénico nin nunca informou dos metais pesados que se mobilizan no movemento de grandes masas de terra.

Quinta.– Erimsa traballou en fincas de especial protección agropecuaria extraendo seixo a varios pares de metros de profundidade sen ningún impedimento e supostamente, polas súas declaracións, sen permiso. O cal é moi grave.

Sexto.– Recoñece Erimsa que traballou en miles de hectáreas na zona de Frades e Mesía. As autoridades deben comprobar e investigar este tema, que aclaren en cantas hectáreas tiñan Autorización e en cantas NON, así como se cumpriron os planes de recuperación medioambiental e investigar os vertidos das augas que saen das súas canteiras, entre elas a canteira onde enterraron centos de “vacas tolas”.

Sétima.–  Erimsa acaba de recoñecer que está SIN Autorizacións da Xunta de Galicia para traballar, pois procede dicir e poñer en coñecemento das Autoridades que a día de hoxe están facendo escavacións e movementos de terras no concello de Frades, supostamente tamén sen permiso, o que pode afectar aos organismos seguintes:

  1. Augas de Galicia. (Zonas dos ríos e fontes afectadas).
  2. Medio Rural (fincas de especial protección agropecuaria) .
  3. Concello de Frades e Consellería de Medioambiente (Plan de contaminación de posibles materiais perigosos como Arsénico ou aluminio, e suposto permiso municipal).
  4. Axencia de protección urbanística ( estase danando o solo sen permiso, municipal e autonómico).
  5. Fiscalía (Por supostas irregularidades continuadas).

Oitava.– Erimsa remove e quita Seixo que nunca máis se recupera, quedando un chan danado de por vida para a actividade agraria, un dano irrecuperable xa que as fincas nunca son o mesmo e as ganancias enormes que teñen van fora do país, solo aportan dano ao medioambiente.

A Xunta de Galicia debe actuar canto antes e responder á chantaxe de Erimsa, así como pedir aos concellos de Frades e Mesía os permisos cos que conta esta empresa para traballar da forma que o está facendo.

COMISION DE SEGUIMENTO DA MINERIA NA ZONA DE MESIA E DEFENSA DO RURAL

Artigos similares

Participación no fondo s... 1. Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos: a) A
IMPACTO MINEIRO Galicia comenzará a cobrar un canon a las empresas mineras por su impacto ambiental Desarrolla, tras tres años, la orden que permitirá ingresar el tributo JOSE MANUEL
AVISO CONTROL ACCESO PISC... As de Xanceda, en Mesía, son nos últimos anos as piscinas municipais máis concorridas da comarca, ata o punto de que en determinadas xornadas estivais chegan a
CONCELLEIROS GANDEIROS EN... No concello de Mesia existen varios concelleiros que son gandeiros, como o tenente alcalde Gervasio, ou o de Boado. outros traballan en granxas de vacas que ahora
Da Terra Chá a Ordes: un...   Da Terra Chá a Ordes: unha década de loita contra Erims Artigo de opinión de Margarida Prieto Ledo, coordinadora do Sindicato Labrego Galego (SLG) na Terra
MINEIRAS ABUSIVAS Cada día as multinacionais mineiras abusan máis dos cidadáns co único obxectivo de autoenriquecerse. Un simple veciño ou propietario de terras, das cales vive, encóntrase indefenso, desinformado
Homenaxe unánime do Conc... A mítica peza musical “O carro”, un poema de Manuel María musicada por Baldomero Iglesias “Mero”, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha merecida homenaxe por parte
FESTAS E RISAS Pilar Sanchez Ulloa, Primeira tenente de Alcalde do concello de Mesia. Esta señora leva Catorce anos metendo no peto un salario de miles de Euros o ano,
PAGINA DE INFORMACION Y U... A través de esta pagina puedes hacer tus comentarios, subir tus fotos, o hacernos llegar aquello que quieras publicar. Todo aquello que pueda ser de Interes General
Enorme tensión eléctric... Polo concello de Mesía xa cruzan a día de hoxe varias líneas de alta tensión eléctrica, que dan servicios ó exterior, polo que non son as que

Un comentario

  1. Pingback: Tentativa de lavado de cara sen precedente do lobbie mineiro galego – Corcoesto: val fluvial do río Lourido.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *