O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA | Mesia Unida

O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA

O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA

  • Mini advirte que está en risco a actividade de 200 granxas de Frades, Mesía, Oroso e Ordes, varias con produción ecolóxica que perderían a certificación e as axudas da PAC

Santiago de Compostela, 5 de Abril 2017.-  O deputado pola Coruña Xosé Luís Rivas levou ao Parlamento os plans mineiros da empresa ERIMSA nos concellos de Frades, Mesía, Oroso e Ordes, en particular os efectos que tería na actividade agrogandeira da zona que acadase a concesión mineira que busca.

Estes municipios suman unha superficie agraria de 6.721Has que sustentan preto de 200 granxas, varias delas co selo de certificación ecolóxico, – por exemplo Casa Grande de Xanceda-, que poderían perder se prosperan os plans da mineira, por iso pide á Xunta que actúe de oficio para defender a actividade agraria.

“A consellería de Medio Rural ten que facer valer de oficio a defensa das terras agrarias deste país, porque xa está ben”, recriminou Rivas no debate en pleno. “Estamos falando de terras agrarias melloradas pola concentración parcelaria, con explotacións con certificado de selo ecolóxico que o poden perder, de produtores que non van poder percibir as axudas da PAC mentres estean ameazados polos proxectos mineiros desta empresa”, explicou.

Rivas denunciou que detrás de ERIMSA volve estar o empresario Villar Mir propietario de Ferroatlántica e  “protexido do PP”. Esta empresa “estase empregando a fondo asistindo ás asembleas de gandeiros coaccionando e provocando enfrontamentos”, denunciou, tras lembrar que se trata da mesma mineira que facilitou no seu día o soterramento das vacas tolas.

O deputado considera que os plans da mineira teñen xerado unha gran alarma social polo que pediu á Xunta que actúe de oficio para defender a actividade agroganderia da zona.

http://www.bng.gal/articulo/novas/bng-pide-xunta-defenda-produtores-agrarios-afectados-polos-plans-mineiros-erimsa/20170405180752019841.html

 

Artigos similares

O DOG publica as axudas p... O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de
LOS GANADEROS PIENSAN QUE... LOS GANADEROS PIENSAN QUE EL ALCALDE DE MESIA Y ERIMSA LOS ENGAÑAN     La mayoría de los ganaderos y afectados por el proyecto de Minas y
Os gandeiros de Ordes ale... Aquí vos deixamos unha entrevista feita a Maria Vieites, coordinadora do Sindicato Labrego en Ordes falando sobre as minas que pretenden levar a cabo Erimsa en Xanceda
El TSXG dicta otra senten... El TSXG dicta otra sentencia contra Erimsa por una concesión minera Desestima el recurso contencioso administrativo contra la Consellería de Medio Ambiente por denegar la licencia para
A problemática da mina d... Membros da plataforma Mina Touro-O Pino NON viaxaron ata Londres xunto con outras asociacións con própositos similares. O motivo da viaxe foi asistir á xunta de accionistas
Máis de 200 alegacións ... Unha delegación con representantes da veciñanza de Xanceda (Mesía) e do Sindicato labrego galego (SLG) entregou no Concello a comezos de semana máis de 200 alegacións contra
Investimentos no Rural  O Rural sigue investindo a pesar dos baixos prezos da leite
Aumentan OS LOBOS Medio Ambiente autoriza la caza de 141 lobos al norte del Duero esta temporada Los cazadores podrán abatir a 40 en Zamora: 11 en Aliste y otros
PRETENSIONS DE ERIMSA EN ... Os xornais comezan a facerse eco da nova que atemoriza o concello. A empresa noruega de explotación mineira ERIMSA pretende levar a cabo extraccións en terreos do
Homenaxe unánime do Conc... A mítica peza musical “O carro”, un poema de Manuel María musicada por Baldomero Iglesias “Mero”, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha merecida homenaxe por parte

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *