O DOG publica as axudas para o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo por importe de 3,5 millóns de euros | Mesia Unida

O DOG publica as axudas para o emprego de maquinaria agrícola en réxime asociativo por importe de 3,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, cun orzamento de 3,5 millóns de euros.

A finalidade destas axudas é fomentar o uso deste tipo de maquinaria e equipamentos, así como a introdución de novas tecnoloxías no rural. Deste xeito preténdese racionalizar os custes de mecanización, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético.

Os beneficiarios destas axudas poderán ser as cooperativas agrarias e cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as sociedades agrarias de transformación (SAT), así como ambas entidades procedentes da fusión de explotacións con menos de 20 anos de antigüidade.

Actividades subvencionables
Será subvencionable a compra de maquinaria agrícola ata unha achega do 40% dos custos, agás se a entidade está nunha zona con limitacións naturais, que acadará o 50%. Tamén son susceptibles de subvención os gastos derivados de estudos técnico-económicos de viabilidade. En total, establécese un investimento mínimo de 5.000 euros para poder ser subvencionable e un máximo de ata 200.000 euros, segundo a tipoloxía do réxime asociativo.

No tocante aos criterios de valoración, priorizarase as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores seguidos polos investimentos en proxectos de cooperación. Ademais, obteranse puntos por cuestións como a porcentaxe de mulleres integradas no consello reitor ou o valor contable do parque de maquinaria no intre de solicitar a axuda, entre outros.

Solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir de mañá, día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) ou en soporte papel por calquera dos medios establecidos.

Artigos similares

26 granjas perjudicadas p... Cómo es posible que un Gobierno que dice luchar contra el despoblamiento rural tramite una macro mina de 200 hectáreas a cielo abierto que dejará sin terrenos
A problemática da mina d... Membros da plataforma Mina Touro-O Pino NON viaxaron ata Londres xunto con outras asociacións con própositos similares. O motivo da viaxe foi asistir á xunta de accionistas
O sector lácteo galego p... Os gandeiros galegos saíron á rúa a semana pasada para esixir medidas urxentes para paliar a crise de prezos do leite no primeiro ano sen cotas e
PRETENSIONS DE ERIMSA EN ... Os xornais comezan a facerse eco da nova que atemoriza o concello. A empresa noruega de explotación mineira ERIMSA pretende levar a cabo extraccións en terreos do
PLANOS DO QUE PRETENDE EX... PLANO DE EXPLOTACION PLANO DE EXPLOTACION 1 PLANO DE EXPLOTACION 2 PLANO DE EXPLOTACION 3
Axuda do Plan Renove de F... PRAZO DE PRESENTACIÓN Prazo de presentación : 01/03/2016 – 30/09/2016. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día 1 de marzo e finalizará o
Axudas de compensacións ... PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016 Desde o día seguinte á data de publicación desta orde no DOG ata o día 30
Axudas á reposición de ...   PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 31/12/2015 – 30/11/2016  OBXECTO O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano
MESIA TIENE CENSADAS MAS ... En el ayuntamiento de Mesía  están censadas mas vacas que personas, con mucha diferencia, eso demuestra la enorme capacidad ganadera que existe. Pero no existiría la ganadería
Convocatoria do proceso s... Administración Local Municipal Mesía Convocatoria do proceso selectivo de peón-condutor Por Decreto de Alcaldía, de data 16.04.2018, aprobáronse as bases da convocatoria do procedemento de selección para

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *