O sector lácteo galego prepárase para vixiar a entrada de leite de fóra de Galicia | Mesia Unida

O sector lácteo galego prepárase para vixiar a entrada de leite de fóra de Galicia

Os gandeiros galegos saíron á rúa a semana pasada para esixir medidas urxentes para paliar a crise de prezos do leite no primeiro ano sen cotas e nesa protesta ante a Xunta anunciaron que vixiarán a entrada de camións cisterna que veñen de fóra de Galicia cargados de leite para aprovisionar ás industrias asentadas na comunidade, unha práctica que a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego considera “indignante”. Por ese motivo, o colectivo celebrará hoxe unha primeira reunión en Lugo e o venres unha asemblea de produtores na área de servizo de Outeiro de Rei na Autovía do Noroeste (A-6). Estes dous encontros servirán para “organizar entre todos” a “vixilancia” deses camións cisterna e, segundo o portavoz de Unións Agrarias na plataforma, Óscar Pouse, para denunciar as prácticas dunha patronal leiteira que “está a levar á ruína a miles de familias gandeiras de Galicia”.

Pose lembrou onte que as dúas provincias que máis leite producen de toda España son A Coruña e Lugo, e ao mesmo tempo as “principais importadoras de leite foráneo”. Na Coruña entraron 108.665 toneladas de leite e nata en 2015, mentres que en Lugo a cifra chegou ás 58.239 toneladas, “mentres industrias restrinxían a produción en Galicia ou deixaban de recoller” a materia prima das granxas galegas. Tamén nestas dúas provincias varias explotacións están sen comprador da súa produción.

Pose aclara que aínda que se trata de “casos puntuais” aos que se trata de “buscar unha solución” e ao final “o leite acabará sendo recollida”, as industrias están a usar esta fórmula de presión para abaratar aínda máis o prezo da materia prima. Para facer fronte a esta crise, a Consellería de Medio Rural repartirá entre mañá e o venres un novo pago de 14,5 millóns a gandeiros e agricultores das axudas da Política Agrícola Común (PAC) da campaña 2015-2016 e aínda quedan pendentes outros 75,6 millóns.

A situación do sector lácteo foi abordada onte no Consello Consultivo de Política Agrícola para Asuntos Comunitarios, ao que asistiu a conselleira de Medio Rural, Anxos Vázquez, que defendeu a importancia do citado pago en “un momento delicado” para o sector.

Sobre a reunión, Vázquez defendeu a necesidade de establecer un seguimento mensual da situación do mercado para lograr unha maior “transparencia”. “Seguimos apostando polo acordo lácteo”, defendeu o pacto subscrito en setembro, tras meses nos que o prezo do leite en Galicia non aumentou de forma significativa. “Todo o mundo debe cumprilo”, advertiu á industria..

Neste sentido, avogou por “avanzar” no sector lácteo coa reunión que terá lugar no seo da Inlac -interprofesional láctea- a próxima semana, á vez que reiterou a necesidade de unir ás dúas organizacións de produtores lácteos (OPL) en Galicia, Ulega e Aprolac, pois se contarían co 37% dos produtores e cun 34% de leite producido.

Artigos similares

MESIA TIENE CENSADAS MAS ... En el ayuntamiento de Mesía  están censadas mas vacas que personas, con mucha diferencia, eso demuestra la enorme capacidad ganadera que existe. Pero no existiría la ganadería
Informe de Medio Rural so... A asociación ecoloxista ADEGA ven de facer público o informe da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias sobre o proxecto da mina de seixo de Erimsa nos concellos coruñeses
EXPEDIENTE DE EXPLOTACION... Nesta ligazón podedes consultar o expediente de explotación. http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras
Turismo de Galicia aposta... A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, anunciou a convocatoria dunha nova liña de subvencións destinada á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de
LOS GANADEROS PIENSAN QUE... LOS GANADEROS PIENSAN QUE EL ALCALDE DE MESIA Y ERIMSA LOS ENGAÑAN     La mayoría de los ganaderos y afectados por el proyecto de Minas y
Abre o prazo para solicit... As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes. Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto
A Xunta concede axudas pa... O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, acaba de publicar no DOG a resolución que establece axudas para a
Lídia Senra denuncia na ...   Lídia Senra denuncia na UE o proxecto mineiro de Erimsa que elimina postos de traballo na comarca de Ordes BY AGEE · 2 ABRIL, 2017 Rexistra
OS GANDEIROS EN MESIA PAG...   No ano 2012 en Mesia aplicouse unha suba de IBI do 50 % por acordo municipal, o máximo permitido por lei. Fíxose  a maior subida do
A VACA CON CORNOS Unha gran parte do sector productor de leite non quixo ou non soupo mirar o que viña encima, moitos  pensaban que os governos amañarian o que estropearón,

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *