Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. | Mesia Unida

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

1. Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO); cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, en 2º e 4º de ESO, e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira desta orde.
c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

2. O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2016/17 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Porén, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos nesta orde.

Beneficiarios:

Alumnado matriculado en niveis obrigatorios de ensino en centros sostidos con fondos públicos.

Las personas beneficiarias de libros procedentes del fondo solidario del centro o de ayudas para adquirir libros de texto tendrán las siguientes obligaciones:
1. Devolver los libros de texto y el material reutilizable adquirido con las ayudas para libros de texto o recibido del fondo solidario en el curso 2015/16.
Está excluido de esta obligación el alumnado beneficiario de ayuda para adquirir libros de texto de 1º y 2º de EP y el alumnado de EE o con una discapacidad igual o superior a 65 %, siempre que los libros o el material adquirido no se puedan reutilizar.
La falta de devolución será causa de exclusión de la participación en el fondo solidario y de las ayudas para adquirir libros de texto y material escolar en el curso 2016/17.
2. Conservar en buen estado los libros de texto y el material reutilizable recibidos del fondo solidario o adquirido con las ayudas para libros de texto en el curso escolar 2016/17 y devolverlos al terminar éste, en junio o septiembre, según el caso.
3. Destinar el importe del vale para libros a adquirir los libros de texto que indique el centro en el que esté matriculado el alumnado.
4. Destinar el importe del vale para material a adquirir el material escolar que necesite.
5. Respetar las obligaciones establecidas en el artículo 11 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia.

Requisitos:

1. Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17.

O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.

2. O centro docente gravará a devolución na aplicación Fondolibros ou Axudaslibros, segundo corresponda, e integrará na aplicación Fondolibros a información da aplicación Axudaslibros cando se refira a libros dos cursos 4º e 6º de EP e 1º e 3º de ESO, para coñecer o número total de exemplares dispoñibles e útiles de cada materia ata o 1 de xullo de 2016 (este incluído).

Os exemplares de ESO que devolva o alumnado despois dos exames de setembro gravaranse na aplicación ata o 12 de setembro de 2016 (este incluído).

3. As aplicacións Fondolibros e Axudaslibros permitirán xerar un documento de «recollida» dos libros de texto efectivamente devoltos, que terá a sinatura da persoa titular da dirección, o selo do centro e a sinatura do representante legal do alumnado, cando este último así o solicite.

DOCUMENTACION:

  • As solicitudes do alumnado de EP e de ESO irán acompañadas da documentación acreditativa das circunstancias alegadas, concretamente:
    • a) Identidade. Achegará copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
    • b) Membros computables da unidade familiar. Achegará copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2014, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
      • 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
      • 2º. Certificado ou volante de convivencia.
      • 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
      • 4º. Certificado de defunción.

        Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia no cal deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

    • c) Grao de discapacidade. Achegará o certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.

      O grao de discapacidade igual ao 33 % tamén se poderá acreditar coa resolución do Instituto Nacional da Seguridade Social de recoñecemento dunha pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou coa resolución de recoñecemento dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, cando non autorice a consulta telemática.

    • d) Renda familiar. Achegará copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2014, cando non autorice a consulta telemática.
    • e) Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
    • f) Incapacitación xudicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Acreditarase coa correspondente resolución xudicial.
  • As solicitudes do alumnado de EE irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática.
  • As solicitudes do alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática e do certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
  • As solicitudes do alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia irán acompañadas unicamente da documentación acreditativa da identidade da persoa solicitante, cando non autorice a consulta telemática, e da resolución administrativa ou xudicial xustificativa do acollemento ou do certificado do centro de menores.
  • Poderán presentar solicitudes os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.1. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
  • A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2016/17, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarse unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17.
  • As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, preferiblemente no centro docente, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es

    Este formulario (anexo I) tamén estará dispoñible:
    a) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.es
    b) Nas dependencias das xefaturas territoriais da consellería competente en materia de educación.

    Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

  • A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
  • Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade; cando se presente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a solicitude irá acompañada dos documentos orixinais ou copias cotexadas.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

  • En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2014, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.
  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • *Prazo para presentar solicitudes.
    1. O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído).
    2. O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2017.
    3. O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.
  • Datos solicitude

    Prazo de presentación : 17/05/2016 – 23/06/2016.

    Iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2016 (este incluído). *Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación.

    Prazo de resolución : Seis meses

    Sentido do silencio administrativo : Negativo

  • A ONDE ACUDIR:
  • CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

    DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS

    SUBDIRECCIÓN XERAL DE CENTROS

    SERVIZO DE XESTIÓN DE PROGRAMAS EDUCATIVOS
    SAN CAETANO S/N
    15771 SANTIAGO DE COMPOSTELA
    Teléfono: 981546523 / 981546521

  • MODELO DE SOLICITUDE

Artigos similares

PRETENSIONS DE ERIMSA EN ... Os xornais comezan a facerse eco da nova que atemoriza o concello. A empresa noruega de explotación mineira ERIMSA pretende levar a cabo extraccións en terreos do
PRESIDENTE DE FILIPINAS C... Duterte advierte al sector minero de que “impondrá impuestos” hasta lograr “su muerte” Publicado: 25 jul 2017 09:03 GMT AddThisSharingButtons Share to Facebook110Share to TwitterShare to Google+Share
Curtis concede la licenci... Curtis concede la licencia para la planta de leche que promueve Goodleit en el polígono La empresa prevé invertir 18 millones en las obras de construcción –
A problemática da mina d... Membros da plataforma Mina Touro-O Pino NON viaxaron ata Londres xunto con outras asociacións con própositos similares. O motivo da viaxe foi asistir á xunta de accionistas
Máis de 200 alegacións ... Unha delegación con representantes da veciñanza de Xanceda (Mesía) e do Sindicato labrego galego (SLG) entregou no Concello a comezos de semana máis de 200 alegacións contra
Créase a Rede de Platafo... https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nace-rede-plataformas-ambientais-bisbarra-compostela/20181022135754073042.html http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/79424-nace-rede-plataformas-compostela-ulla-tambre-agresions-medio-natural
FESTAS E RISAS Pilar Sanchez Ulloa, Primeira tenente de Alcalde do concello de Mesia. Esta señora leva Catorce anos metendo no peto un salario de miles de Euros o ano,
Queixas dos Servicios Soc... Chegaron queixas a esta asociación sobre os servicios sociais do concello, pero non das asistentas, só das xefas, concelleira e compañía.  Unha por prepotente e descarada, e
O turismo interno e inter... A nosa comunidade rexistrou no pasado mes un incremento dos seus viaxeiros aloxados do 20,7% acadando preto de 260.000 Tamén as pernoitas rexistradas no terceiro mes do
Axudas destinadas ao alum... PRAZO DE PRESENTACION Prazo de presentación de solicitudes: 30/01/2016 – 01/08/2016 OBXECTO O obxecto desta orde é convocar axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas ao

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *