Como veñen informando medios da comarca nestos últimos días, o Ministerio ten en trámite varios proxectos eólicos na zona. Concretamente o que máis afectaría ao noso concello denomínase “Parque eólico da Pobra”, que serían 15 aeroxeradores cunha potencia total de 52 mw. De chegar a executarse, estarían asentados nas parroquias de Visantoña (cinco), Filgueira de Traba (un), Mesía (tres) e na zona entre Bascoi e Xanceda (seis). A parte do concello de Mesía tamén estarían afectados os concellos de Cesuras e Abegondo neste proxecto.
Os outros dous parques eólicos que pretende levar a cabo a mesma empresa (Green Capital Power) levan os nomes de “Parque eólico de Lavandeira” e “Parque eólico de Ardemil”. Ambos co mesmo número de aeroxeradores e potencia que o descrito anteriormente. Éste último, o de Ardemil, afectaría á parroquia de Hospital de Bruma xa que se pretende establecer nela unha subestación eléctrica. Un dos grandes problemas que supón este parque eólico sería que afecta ao Camiño de Santiago.
O único proxecto no que aínda é posible presentar alegacións é no “Parque eólico da Pobra”, o que máis afecta ao noso concello. O dito prazo remata o 24 de Maio. Nos outros proxectos o prazo de alegacións xa rematou, sen sabelo gran parte da poboación.
Adxuntamosvos información aportada polo xornal Crónicas:
O proxecto de parque eólico A Pobra está en consultas previas no Ministerio para a súa avaliación ambiental. Afecta a…
Publicada por Crónicas – Periódico mensual independente da Comarca de Ordes en Jueves, 12 de abril de 2018