Rexeitado por Medio Rural o proxecto do vertedoiro de Lesta | Mesia Unida

Rexeitado por Medio Rural o proxecto do vertedoiro de Lesta

A parcela na que se propón a súa construción está catalogada como solo especial de protección agropecuaria

O polémico vertedoiro de residuos non perigosos de Lesta promovido Reciclaje Amiental Lesta S.L. conta cunha traba máis para a súa construción. Medio Rural considera a parcela onde se propón o dito proxecto como solo rústico de especial protección agropecuaria. O informe foi solicitado polo Concello de Ordes a petición da Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Residuos non Perigosos de Lesta.

Dito documento foi remitido hai escasos días á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, concretamente á dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático co fin de arquivar e rematar definitivamente coa tramitación do dito proxecto. Con todo isto, dende o Departamento de Servizos Urbanísticos do Concello de Ordes infórmase que as instalacións do vertedoiro son incompatibles co planeamento e demais disposicións legais relacionadas con este.

Ao tratarse dun solo rústico de especial protección agraria segundo a Xunta de Galicia “todas as reestruturacións parcelarias da zona, con clara vocación agropecuaria, deben responder a unha ampliación ou actualización das instalacións agropecuarias existentes”. Tal e como foi redactado o proxecto este suporía un incremento de tráfico rodado o que, xunto cos ruídos xerados pola propia actividade, prexudicaría o habitual desenvolvemento da actividade agraria e gandeira da zona”.

Como parcela con vocación agraria esta foi sometida ao proceso de reestruturación (concentración parcelaria San Andrés de Lesta. 1993)  para mellorar a súa viabilidade técnica, económica e social. Os obxectivos desta medida pasan polo incremento da área coa mobilización dos predios, ademais de garantir a utilización para uso agrario nos terreos onde se investiron importantes orzamentos. Así, segundo os datos do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, nas parroquias de Lesta e Mercurín atópanse inscritas 58 explotacións, das cales 26 teñen cualificación prioritaria.

A maiores, e tendo en conta a normativa subsidiaria de planeamento municipal baixo o que se rexe o ordenamento do concello de Ordes, obsérvase que na dita parcela teñen o seu nacemento varias correntes de auga superficiais, polo que lle corresponderá o disposto na Lei do Solo de Galicia, ademais de atoparse dentro da zona de servidume aeroportuaria do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela).

VÍA: MANCOMUNIDADE DE ORDES

http://www.mancomunidadeordes.gal/noticias/ordes-4698/rexeitado-por-medio-rural-o-proxecto-do-vertedoiro-de-lesta-25621.html?fbclid=IwAR29UrUbuoQBX1IY4Pr9ga-cgdv0ek7dg0I0K1aGeKGinTPpgDpNEWfaSdw

Artigos similares

Homenaxe unánime do Conc... A mítica peza musical “O carro”, un poema de Manuel María musicada por Baldomero Iglesias “Mero”, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha merecida homenaxe por parte
ERIMSA NON REPUXO A MINA Foto de terreo afectado por Erimsa e estado actual. Na resolución do día 02 de Febreiro do ano 2001, a Xunta esixe a Erimsa a reposición dos
Convocatoria do proceso s... Administración Local Municipal Mesía Convocatoria do proceso selectivo de peón-condutor Por Decreto de Alcaldía, de data 16.04.2018, aprobáronse as bases da convocatoria do procedemento de selección para
CONCELLEIROS GANDEIROS EN... No concello de Mesia existen varios concelleiros que son gandeiros, como o tenente alcalde Gervasio, ou o de Boado. outros traballan en granxas de vacas que ahora
PRETENSIONS DE ERIMSA EN ... Os xornais comezan a facerse eco da nova que atemoriza o concello. A empresa noruega de explotación mineira ERIMSA pretende levar a cabo extraccións en terreos do
Así está Lanza a día d... Na parroquia de Lanza, dispoñemos despois de pasar Erimsa por ela de duas grandes piscinas, fontes secas e problemas coa auga, un cemiterio de vacas tolas, desniveles
o seixo Azul de xanceda PREZO DO SEIXO AZUL Parece que nas terras de Xanceda, Olas, Mesia e parte de Frades, entre outras, temos Seixo Azul, algo de moito valor no mercado
TRABAJADORES DE ERIMSA TR... Ayer el Sindicato Labrego Galego celebró otra reunión en la casa de cultura de Mesia para informar a los afectados y empezar a recoger Alegaciones al Proyecto
Informe de Medio Rural so... A asociación ecoloxista ADEGA ven de facer público o informe da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias sobre o proxecto da mina de seixo de Erimsa nos concellos coruñeses
Créase a Rede de Platafo... https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/nace-rede-plataformas-ambientais-bisbarra-compostela/20181022135754073042.html http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/79424-nace-rede-plataformas-compostela-ulla-tambre-agresions-medio-natural

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *