Temos seixo azul, de moito valor, sábeno ben os noruegueses e os chineses” | Mesia Unida

Temos seixo azul, de moito valor, sábeno ben os noruegueses e os chineses”

Temos seixo azul, de moito valor, sábeno ben os noruegueses e os chineses”

Mesía Unida responde a oferta da Erimsa de renunciar ao dereito de expropiación. “Os gandeiros cren que o alcalde e a mineira os enganan”, aseguran. A polémica posible mina chega ao Parlamento

A promesa de Erimsa de non expropiar as leiras para a súa mina de cuarzo en Xanceda-Mesía non convenceu a todos. Polo menos non a Mesía Unida, colectivo no que coordinan parte dos opositores locais a este novo proxecto mineiro na comarca de Ordes.

Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa

Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa Actividades mineiras de Erimsa / Erimsa

“A maioría dos gandeiros e afectados pensan que lles están tendendo unha trampa coa axuda e beneplácito do alcalde de Mesía, ao ofrecer que renunciarán á expropiación”  alertan dende a Asociación.

A Lei está de parte da industria. Se queren, poden forzar a expropiación. Ante a polémica que está a medrar, a empresa de capital chino e de Noruega comprometeuse a chegar acordos con cada veciño, abrindo a porta a pagar prezos maiores cos que se fixaría no procedemento expropiador. Unha oferta que os opositores cualifican de “artimaña”.

Por que din isto? Por que “calquera acordo contrario a lei é nulo de pleno dereito. Eles sábeno ben. Por iso o Sr. Alcalde apoiando a esta xente está a traizoar aos veciños e gandeiros, e colaborando nun enfrontamento veciñal cos traballadores de Erimsa, que usan como escudos”.

GC preguntou a Erimsa por este novo ataque público de Mesía Unida pero a mineira non contestou polo de agora.

Reunión sobre a mina en Xanceda organizada por Erimsa

Reunión sobre a mina en Xanceda organizada por Erimsa

Ademais da suposta  “ocultación de información” por parte do alcalde do PP para que ninguén poida presentar alegacións e presunta “trampa” coa oferta de renunciar ao dereito de expropiación, Mesía Unida advirte dunha nova circunstancia.

“Parece que nas terras de Xanceda, Olas, Mesia e parte de Frades, entre outras, temos seixo azul, algo de moito valor no mercado internacional, sábeno ben os noruegueses e os chineses, por iso queren explotalo a fondo” alertan. “Cada tonelada de esto, unha vez preparado e limpo esta sobre 11.400 euros tonelada. trailer de 25 toneladas sobre 285.000 euros” engaden.

Erimsa é unha filial no país da compañía Elkem AS de Noruega, integrada na multinacional china Blue Star. Di ter centros de producción en Begonte (Lugo), Frades (A Coruña), Castillo (Pontevedra) e Bóveda del Río Almar (Salamanca) e dar emprego directo a máis de 230 persoas.

A mineira presume de boas prácticas :“desde 1991 ten rexistrados máis de 600 documentos de devolución de leiras en terreos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso, onde os propietarios ratifican que llas devolveron en perfecto estado para continuar coa súa actividade anterior”.

Para a posíbel nova macromina de Mesía, a compañía promete que “respectará as explotacións agrícolas e gandeiras e traballará exclusivamente en réxime de aluguer mediante acordos voluntarios cos propietarios permitindo aos titulares dos terreos facer pleno uso deles ata o momento no que se inicie o cribado”.

A nivel político, a cuestión xa chegou ao Parlamento Europeo. Aló Lidia Senra (AGE en Europa) denuncia que os “8 postos de traballo temporais” que promete Erimsa para levar a cabo este proxecto non “compensan en absoluto” comparado coas “6.721 hectáreas afectadas de terreos agrarios”.

Senra é a ex-líder do Sindicato Labrego Galego. Esta central , segundo informa Campo Galego, convoca o martes unha reunión informativa para dar conta das datas e lugares nos que se van a facilitar aos veciños e veciñas a presentación de alegacións ao proxecto mineiro.

Erimsa convocou a semana pasada a súa propia reunión, onde anunciou por sorpresa o anuncio da renuncia ao dereito de explotación.

Os dous bandos, opositores e multinacional, están xogando as súas bazas para gañarse o apoio da poboación local. Como sucedera no caso da mina de ouro de Corcoesto, a mobilización social en contra da minería xogará un papel importante no futuro do proxecto. Polo de agora, as espadas seguen no aire.

 

 

 

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/53442-temos-seixo-azul-valor-sabeno-noruegueses-chineses

Artigos similares

NOTA DE PRENSA: Resposta ... Ramón Barreiro, representando ao Sindicato Labrego dentro da Comisión de seguimento da Minería na zona de Mesía e en Defensa do Rural,  unha vez analizado o comunicado
Retirada dos proxectos e... O alcalde de Ordes reuníuse cos técnicos da empresa Green Capital Power no día de onte. Nesta reunión os representantes da empresa promotora dos proxectos eólicos, dos
OS GANDEIROS EN MESIA PAG...   No ano 2012 en Mesia aplicouse unha suba de IBI do 50 % por acordo municipal, o máximo permitido por lei. Fíxose  a maior subida do
Queixas dos Servicios Soc... Chegaron queixas a esta asociación sobre os servicios sociais do concello, pero non das asistentas, só das xefas, concelleira e compañía.  Unha por prepotente e descarada, e
A Xunta abre mañá o pra... A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que a través destas axudas, que se convocan por primeira vez, está previsto mobilizar 3,2 millóns de euros
NOTA DE PRENSA DA ASOCIAC...   LOS GANADEROS EXIGEN AL ALCALDE DE MESIA CONOCER EL PROYECTO DE ERIMSA Entre los posibles afectados en el proyecto de explotación Minera que tiene la multinacional
MARIANO EVITA A CRISIS MU... Mariano Iglesias tuvo que dar un xiro rotundo na súa postura ante o proxecto mineiro de Erimsa. Xa que nun principio non se opoñía ó proxecto de
TRABAJADORES DE ERIMSA TR... Ayer el Sindicato Labrego Galego celebró otra reunión en la casa de cultura de Mesia para informar a los afectados y empezar a recoger Alegaciones al Proyecto
O DOG publica as axudas p... O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento da utilización de
O BNG pide a xunta que de... O BNG pide a xunta que defenda os produtores agrarios afectados polos plans mineiros de ERIMSA 05 ABR 2017 ÁS 18:07 ERIMSA FRADES MESIA OROSO ORDES MINI Mini advirte

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *